Asociación Cultural Ouro do Sil

Asociación Cultural Ouro do Sil - O Mosteiro Santa Cristina de Ribas de Sil

Un préstamo da natureza

para refuxio espiritual

No concello de Parada de Sil, entre bosques de
castiñeiros centenarios, no Canón do Sil.
Agarimado polo rumor do río e as follas das
árbores, aséntase este mosteiro de orixe románico.






A súa historia ten máis de mil anos

Ten as súas raíces no asentamento de eremitas que se refuxiaban nas beiras do rio Sil, para levar unha vida de meditación e oración. Os primeiros testemuños escritos aparecen a finais do século X, nas doazóns que se fan ós seus abades e monxes.

Desde a primeira metade do século XII perteneceu a orde beneditina que construíu o primitivo mosteiro e a igresia. Os monxes realizaron un inxente labor de estimulación da producción agrícola, especialmente o cultivo da vide e dos castiñeiros. A partir de este século cédense as terras aos campesiños a cambio do pagamento de rendas (cartas de aforamento) e o mosteiro recibe a concesión de importantes privilexios reais e goza da protección papal.

Foi un dos máis importantes mosteiros da Ribeira Sacra durante a Idade Media, como o demostran os vestixios das vías de comunicación medievais que conservan na zona, restos de calzadas e a ponte de Forcas.

A súa decadencia comeza coa reforma monástica do século XV e desaparece como abadía o converterse en priorado do Mosteiro de San Estevo a principios do XVI, que permitirá a reconstrucción do claustro e a decoración das ábsidas da igrexa con frescos.

Nel só permanecerá o prior e algún monxe ata a Desamortización, en 1835 data en que pasa a mans particulares e se converte en granxa de labor.

A igrexa e unha mostra da
espiritualidade dos nosos
antepasados medievais

E un dos mellores espoñentes do románico rural galego. Construíuse entre finais do século XII e principios do XIII.

Posúe planta de cruz latina, cunha soa nave lonxitudinal e outra transversal (transepto), que se cruzan formando un espazo chamado cruceiro.

A cabeceira ten tres ábsidas semicirculares, sendo a principal unha prolongación da nave lonxitudinal. Está orientada cara ao leste, por onde penetran os raios de luz da mañá e a entrada cara ao oeste. Seguindo a simboloxía critiá entrase das Tebras, do pecado, para camiñar cara a luz, símbolo de Deus.

As ábsidas albergan tres capelas. A maior vai precedida dun tramo recto (presbiterio), cuberto por unha bóveda de canón que termina en cuarto de esfera. Está decorada con pinturas de finais do século XVI. Nunha das capelas laterais consérvase o altar románico.

A nave lonxitudinal divídese en cinco tramos por arcos de medio punto (semicirculares) lixeiramente apuntados que sosteñen unha cuberta e madeira e descansan nos grosos muros de granito, reforzados por contrafortes exteriores que proporcionan equilibrio o edificio.

O cruceiro está cuberto con unha bóveda de medio canón que descansa sobre catro arcos levantados sobre columnas dosadas con capiteis moi ornamentados.





A fachada principal está dividida en dous corpos. No inferior ábrese a portada ou entrada o templo, que é a fronteira entre o exterior (o mundo) e o interior (o lugar de oración).

Está formada por arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas con capiteis decorados con cabezas humanas e motivos vexetais. As arquivoltas, enmarcadas por unha moldura decorada con axadrezado están en diferente plano, provocando unha sensación de estreitamento, que esixe ao fiel unha reflexión. Para merecer entrar no templo é preciso pasar por un tramo cada vez máis estreito. No centro ten un tímpano liso.

No corpo superior ten un rosetón calado con arquiños lobulados que ilumina o templo.

Nas fachadas laterais podemos contemplar os contrafortes e as ventás saeteiras que se abren entre eles. As centrais están enmarcadas por arcos de medio punto sobre sinxelas columnas con capiteis decorados con motivos vexetais.

A ábsida central aparece dividido por catro columnas dosadas. Ábrese ao exterior mediante tres ventás. Se nos fixamos nos canícelos que soportan o aleiro podemos descubrir variados motivos figurados.

A torre, está dosada ao costado norte da igrexa. Servía para chamar á oración (campanario), pero tamén como punto de vixiancia e torre defensiva. A base era unha especíe de locutorío para ler libros da regra beneditina mentres os monxes facían a procesión polo claustro. Ten orixinais arcos apuntados e capiteis con talla de follas de acanto e harpías encadeadas sobre follaxe. Remata nun ameado e cuberta en forma de pirámide.




O Mosteiro

Facendo ángulo recto coa fachada está a portada de entrada ao mosteiro. Ten unha soa arquivolta decorada con grandes follas de col e con dobre moldura xeométrica (zigzag); descubrimos figuras sedentes cun libro aberto e no entrados (superficie interior) os catro símbolos dos evanxelistas: a aguia, o anxo, o touro e o león.

Do mosteiro só se conservan dúas ás, nas que se abren ás galerías do claustro que corresponde ás remodelacións renacentistas do século XVI. Desde este accédese ás dependencias monásticas. A primeira planta está rodeada por ventás con asentos ou parladoiros. Nas súas paredes podemos ver lápidas sepulcrais dos abades. Desde unha das estancias pasamos a un balcón cunha panorámica do río Sil e do Canón.

Acceso ao Mosteiro




Josefina Carballo. Interpetación do Patrimonio.
Fotografías. Alberto Labrador González.
Miel&Limón. Deseño e maquetación.
Adaptacion Web: Ouro do Sil AC



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual