XI Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visions de Parada de Sil e tema libre" Xullo do 2018
XI Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visións de Parada de Sil e tema libre" 2018
Roberto González Fernández
O concello de "Parada de Sil" máis Asociación Cultural "Ouro do Sil" convocan a XI edición do Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil. E tamén co tema Libre espallar o arte da fotografía.
Julio López Morata
BASES
- 1. Participantes e número de fotografías
A participación no certame é libre.
As fotografías haberán de ser obrigatoriamente presentadas polos autores. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 4 fotografías de cada modalidade. Deberán ser obtidas mediante calquera técnica, en branco e negro ou cor, con cámaras dixitais ou analóxicas, autorizándose o retoque manual ou de programas informáticos.
As obras serán inéditas e non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso.
A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio se nalgún momento posterior á concesión detectase un incumprimento das bases, así como a rexeitar previamente a concurso as fotos que incumpran o estipulado nas bases.
Os participantes responsabilizaranse, así mesmo, de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre as imaxes, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.
- 2. Temática
- Tema "Visions de Parada de Sil" Abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado ao territorio deste Concello.
- Tema "Libre" Acolle calquera tipo de imaxe sen limitación temática ou xeográfíca.
- 3. Presentación de fotografías
As fotografías terán un tamaño 20x30 centímetros e entregaranse adheridas sobre cartón-pluma, paspartú ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 milímetros de grosor.
As fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio pechado, de fácil apertura e peche posterior.
No dorso de cada traballo constará o título da obra, modalidade na que participa e no caso de que corresponda á de "Visións de Parada de Sil" identificar a zona na que foi tomada.
En sobre anexo:
- No exterior do sobre: títulos das fotos e pseudónimo (nome ficticio do autor).
- Dentro do sobre: (aparecerá claramente): Título de cada foto, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que foron tomadas as fotos ou datos que identifiquen a imaxe (no caso da modalidade "Visións de Parada de Sil").
- O nome do autor ou autora só aparecerá no interior do sobre anexo.
- Cada autor obrigatoriamente enviará ó correo electrónico concursofotografia@paradadesil.es unha copia de cada fotografía presentada en formato JPG ou TIFF superior a 300 dpi.As fotografías deberán ir correctamente identificadas co seu título e o tema a que pertence. O asunto do correo será o pseudónimo do autor.
- 4. Envío
As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:
XI Concurso Fotográfico “Rosa Pons Fábregas”
Casa do Concello
Praza do Campo da Feira, nº1
32740 – Parada de Sil. Ourense
O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos.
- 5. Data límite de presentación
A data límite de presentación será o 28 de Xullo de 2018.
- 6. Xurado, fallo e entrega de premios
A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.
O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público a súa decisión en Parada de Sil o día 10 de agosto de 2018. O resultado da mesma será comunicado individualmente ás persoas premiadas así como a data de entrega do premio.
- 7. Premios
Outorgaranse os seguintes premios:
- Modalidade "Visións de Parada de Sil": Primeiro premio: 800€ / Segundo premio: 300€.
- Modalidade “ Libre”: Primeiro premio: 700 € / Segundo premio:200€.
- 8. Propiedade das imaxes
As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.
Dende o 18 de Agosto farase unha exposición no salón de actos do concello en horario da oficina de turismo. A entrega de premios será en datas próximas ás festas patronais na honra de San Ramón en Parada de Sil.
- 9. Recollida de Traballos
As obras no premiadas poderanse recoller nas oficinas do concello dende o 1 de outubro ó 15 de outubro de 2018 ambos inclusive. Se a devolución se desexa por correo postal, o autor ha de enviar as obras con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantías se o autor así o solicita, correndo os gastos ao se cargo.
- 10. Premios do 2017
MELLOR FOTOGRAFÍA TEMA LIBRE 2017:
Título: ACECHADA – Autor: Julio López Morata
MELLOR FOTOGRAFÍA VISIÓNS DE PARADA DE SIL 2017:
Título: OUTRA MIRADA - Autor: Roberto González Fernández
- 11. Outros
Máis Información:
www.paradadesil.es Tfno: 616 516 238
Asociación Cultural Ouro do Sil Tfno: 616 516 238
De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos subministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir coas finalidades específicas nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente.
Organizan: Concello Parada de Sil e Asociacion Cultural Ouro do Sil
Patrocina: Camilo Yañez Pons
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual