VIII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visions de Parada de Sil e tema libre" Xullo do 2015
VIII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil" e tema libre
José Manuel Nóvoa Blanco
O concello de "Parada de Sil" máis Asociación Cultural "Ouro do Sil" convocan a VIII edición do Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil. E tamén co tema Libre espallar o arte da fotografía.
Raúl Gómez Lorenzo
BASES
- 1. Participantes e número de fotografías
Poderán participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.
As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar hasta un máximo de 4 fotografías de cada tema. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou cor, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos delas.
As obras serán inéditas e non poderán terse presentado anteriormente a ningún concurso. Acreditarase cunha declaración xurada do autor/a
A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rexeitar previamente a concurso as fotos que non cumpran estas bases.
Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.
- 2. Temática
- Tema "Visions de Parada de Sil"; Abarca tódolos bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado o territorio deste concello.
- Tema "Libre".
- 3. Presentación de fotografías
As fotografías terán un tamaño de 20x30 sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal.
Importante: As fotografías teñen que abarcar os 20x30 de tamaño esixido e estarán sen encadres dixitais nin sobrantes en branco, negro ou en cor.
Entregaranse adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm. de grosor.
Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome dás fotos.
As fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.
No dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, en que tema participa: "Libre" ou en "Visions de Parada de Sil" neste caso a zona na que foi tomada.
Nun sobre anexo:
- No exterior do sobre: títulos das fotos.
- Dentro do sobre: (aparecerá claramente): Título de cada foto, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que se foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe (no caso do tema "Visions de Parada de Sil").
- O nome do autor ou autora só aparecerá no interior do sobre anexo.
- 4. Envío
As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:
VIII Concurso Fotográfico “Visión de Parada de Sil”
Casa do Concello
Praza do Campo da Feira, nº1
32740 – Parada de Sil. Ourense
O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos.
Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantías si o autor así o solicita, correndo ó seu cargo os gastos.
- 5. Data límite de presentación
A data límite de presentación será o 31 de Xulio de 2015.
- 6. Xurado, decisión e entrega de premios
A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.
O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público a súa decisión en Parada de Sil o día 19 de agosto de 2015. Comunicaráselles individualmente aos premiados. Esta decisión será inapelable.
- 7. Premios
Outorgáranse os seguintes premios:
- Primeiro premio: 800 € á mellor fotografía tema "Visions de Parada de Sil".
- Primeiro premio: 700 € á mellor fotografía tema "Libre".
Só se poderá gañar un premio aínda que se poida participar nos dous temas. Para que a decisión sexa efectiva, os ganadores deberán achegar o negativo ou arquivo dixital.
- 8. Propiedade das imaxes
As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.
En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionada a autoría.
Desde o 24 de Agosto de 2015 farase unha exposición no salón de plenos do concello.
Entregaranse os premios o 28 de Agosto do 2015 na Casa do Concello nun acto que se publicará e cumunicará previamente aos autores premiados.
- 9. Outros
Máis Información: www.paradadesil.es
Tfno: 616 516 238
De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos suministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir coas finalidades específicas nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente
Organizan: Concello Parada de Sil y Asociacion Cultural Ouro do Sil
Patrocina: Camilo Yañez Pons
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual