Asociación Cultural Ouro do Sil

Homenaxe a Don Eduardo Prieto Casares

Homenaxe do Concello de Parada de Sil a "Don Eduardo Prieto Casares".

Aproveitando de novo o Día das Letras Galegas, a Corporación deste Concello, os seus veciños e achegados, teñen o honor de render unha homenaxe ao profesor Eduardo Prieto Casares, autor do libro Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, onde recolle historias e lembranzas da nosa terra cunha fermosa prosa poética.

Eduardo Prieto Casares (Viana de Parada de Sil, 1947) graduouse cum laude en Filosofía Pura pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma, onde se especializou no pensamento de Miguel de Unamuno. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, foi profesor de Lingua e Literatura Española, compatibilizando o seu labor docente co exercicio da literatura en galego. Colaborador habitual da Revista da Ribeira Sacra, La Región, O Xornal de Galicia e Faro de Vigo, o seu blog contosdaribeirasacra.blogspot.com é unha referencia obrigada para coñocer a intrahistoria de Galicia do interior que foi e agora xa non é.

Sabado 11 de Maio do 2013, Casa Consistorial de Parada de Sil

Programa

  • 12:00h Saúdo do Alcalde.
  • 12:15h Actuación da coral Vellos Amigos
  • 12:30h Proxección de videos de recordos.
  • 13:00h Presentación do libro Folliñas que levou o tempo.
    Intervención de don Antonio Carreño, profesor de Literatura Española na Universidade de Brown, sobre don Eduardo Prieto Casares.
    Intervencion do homenaxeado.
    Entrega dos premios do 1º Concurso de Microrelatos Parada de Sil - Ribeira Sacra.
    Actuacion da coral Vellos Amigos.
  • 14:00h Colocación dunha placa na Casa de Viana (Sacardebois)
  • 14:30h Petiscos e viño da ribeira para os asistentes.

No seguinte enlace temos máis fotos do evento.

Organiza:

Concello
Parada de Sil

Colabora:

 

Maio 2013.



XUNTA DE GALICIA
Esta páxina Web
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Presidencia
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual