II Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil" Agosto de 2009
II Concurso Fotográfico Rosa Pons Fabregas "Visions de Parada de Sil"
O concello de Parada de Sil convoca II edición del Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil.
BASES
- 1. Participantes e número de fotografías
Poderán participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.
As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar hasta un máximo de 3 Series de 2 fotografías. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou color, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos das mesmas. A Serie ( 2 fotos) será sobre un “tema particular” a elección do concursante dentro do tema xeneral.
As obras serán inéditas e non terse presentado anteriormente a ningún concurso.
A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rechazar previamente a concurso as Series que non cumpran estas bases.
- 2. Temática
As fotografías versarán sobre o tema "Visións de Parada de Sil”.
Abarca tódolos bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes,etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado o territorio deste concello.
- 3. Presentación de fotografías
As fotografías terán un tamaño de 20 x 25cm. ou 18 x 24 sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal.
Se recomenda que se entreguen adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm. de espesor.
Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome dás series.
As Series de fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.
Ó dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, a zona na que foi tomada e o número da foto (1/1,1/2- 2/1,2/2- 3/1,3/2) se son máis de 1 serie.
Nun sobre anexo:
- No exterior do sobre: títulos das series.
- Dentro do sobre: aparecerá claramente: Título de cada serie, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que se foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe.
- O nome do autor só aparecerá no interior do sobre anexo.
- 4. Envío
As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:
II Concurso Fotográfico “ Visión de Parada de Sil”
Casa do Concello
Praza do Campo da Feira, 1
32740 – Parada de Sil. Ourense
O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos, Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra cas debidas garantías si o autor así o solicita, correndo ó seu cargo os gastos.
- 5. Data límite de presentación
A data límite de presentación será o 10 de agosto de 2009.
- 6. Xurado, fallo e entrega de premios
A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.
O xurado elixido polo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público seu fallo en Parada de Sil o día 17 de agosto de 2009. Comunicarase individualmente os premiados. Este fallo será inapelable.
- 7. Premios
Torgáranse os seguintes premios:
- Primeiro premio: 1000 euros a mellor serie.
- Segundo premio: 500 euros a mellor fotografía.
Para que o fallo sexa efectivo, os ganadores deberán aportar o negativo ou arquivo dixital.
- 8. Propiedade das imaxines
As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.
En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionado o autor.
Durante o mes de Agosto farase unha exposición e entregarase o premio en data que se publicará e se comunicará previamente aos autores premiados.
- 9. Outros
Más Información: www.paradadesil.com
Tfno: 616516238
De conformidade cas normativas afectas de protección de datos persoais, tódolos datos suministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, ca finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir cas finalidades específicas nas presentes bases.O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual