Homenaxe a Don Eugenio Prieto Pérez
Homenaxe do Concello de Parada de Sil a "Don Eugenio Prieto Pérez".
Aproveitando unha vez máis o día das Letras Galegas, a Corporación deste Concello, os seus residentes e os seus achegados, teñen o honor de render unha merecida homenaxe ao distinguido profesor Eugenio Prieto Pérez, catedrático xa xubilado de Economía Financiera, na sección de Matemática Financieira e de Inversión, da Universidade Complutense de Madrid. O profesor Prieto Pérez forma parte da galería de presonaxes distinguidos nados no Concello de Parada de Sil, o gran mirador máxico da Ribeira Sacra.
Pasou a súa infancia en Chandreixa de Sil, e aos nove anos, xa en Ourense, continuou os seus estudos ata o seu salto á Universidade Complutense onde, en 1969, obtivo o grao de doutor. A súa tese doctoral foi avaliada coa máxima calificación. A súa actividade docente transcorreu entre a Escola de Comercio de Sevilla, e xa catedrático universitario, ás universidades de Valencia, Autónoma de Madrid e, finalmente, á Universidade Complutense.
O profesor Eugenio Prieto Pérez é autor de numerosos libros e artículos de súa especialidade. Foi Presidente do Instituto de Actuarios Españois, Vicepresidente da Internacional Actuaria Association, da Unión Profesioal, Auditor de contas, membro do Rexisto Oficial de Auditores de Contas, Director Técnico de Unespa, respresentante español no Comité Europeo de Seguros (sede de París), e membro da Xunta Consultiva de Seguros do Ministerio de Economía e Facenda, membro tamén de prestixiosas asociacións científicas e profesionais ademais de membro de número da Real Academia de Doutores de España. O nomeado profesor ten sido galardonado con premios nacionais e europeos, tendo participado en Comisións de avaliación (Premios Rey Juan Carlos de Economía, Becas Juan March), participou en Congresos Internacionais ademais de impartir conferencias tanto en España coma no extranxeiro, en varias cidades europeas, americanas e hispanoamericanas. (Nova York, Tokio, Sydney, etc.).
en galego tívo unha
axuda outorgada pola:
Secretaria Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual